martes, 16 de abril de 2024

UN DÍA CON CÓMPLICES

     Hoxe foi un día moi especial, recibimos a visita de María e Teo, compoñentes do Dúo Cómplices, grazas a invitación de Yago.

    Foi unha honra telos no cole. Amosámoslle as aulas, fixémoslle unha pequena entrevista e gozamos das súas voces nunha audición no Salón de Actos.

    Ao final conseguimos uns autógrafos nas axendas e desexámoslle moita sorte na súa próxima xira.

    Moitas grazas!  

Premer na imaxe para visualizar o evento!




lunes, 15 de abril de 2024

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

     Este luns a profe Carmen contounos un conto moi emotivo sobre como nos sentimos algunhas veces. O título é moi sinxelo pero ten un gran significado, "A veces" de Claudia Rueda. "A veces te ahogas en una gota ... A veces no hay nada más sorprendente que mirarse en el espejo... 


Unha aperta Carmen, vales un montón!


viernes, 12 de abril de 2024

PLAN PREVENCIÓN DE INUNDACIÓNS

     O mércores pasado asistimos a un obradoiro sobre a  prevención de inundacións. Iria falounos da necesidade de ter limpas as ribeiras dos ríos e evitar as construcións nas súas marxes.

    Tamén realizamos un experimento para observar a velocidade da auga nun lugar sen vexetación e noutro con plantas e raíces.  A información resultou moi interesante.


Premer sobre a imaxe para visualizar a montaxe!


viernes, 23 de febrero de 2024

CALDO DE GLORIA

     Traballamos o poema "Miña casiña, meu lar" da nosa prezada Rosalía de Castro e complementamos a actividade cociñando un rico caldo con unto, grelos, nabos, porros, patacas e feixóns.

    Lembramos o momento cando unha muller moi pobre chegou á súa casiña e non tiña moito para comer, entón buscou na artesa e atopou algo de fariña, foi á horta e colleu verzas e aos poucos foi quen de facer un caldo de gloria.

    A tarefa foi moi interesante xa que os nos@s afillados e  afilladas colaboraron en todas as tarefas.

Feliz Día de Rosalía de Castro!

Alumnado de 3ºP cos afillad@s lectores!
Premer na imaxe para visualizar a tarefa!

Alumnado de 4ºP cos seus afillad@s!
Pica na imaxe para ver a montaxe!


viernes, 9 de febrero de 2024

HEROES E HEROÍNAS

         Os heroes e as heroínas do segundo ciclo estamos dispostos/as a salvar o planeta aplicando a regra dos tres erres: reducir, reutilizar e reciclar.

         Animámosvos a que nos axudedes a salvar a Terra de todas estas agresións que está a sufrir. Ánimo, entre tod@s seremos quen de facelo!


Premer sobre a imaxe para visualizar aos heroes e ás heroínas do segundo ciclo!